Arredor do maio que se confeccionou cos elementos vexetais aportados polas nenas e polos nenos, interpretáronse melodías galegas, e o alumnado de 6º recitou cantigas tradicionais sobre os diferentes oficios.
O acto rematou cun conto rimado recolleito por Antonio Fraguas: O casamento da pulga e o rato.
E, por suposto, tamén se entregaron os premios do concurso que sobre Antonio Fraguas e a súa obra se veu desenvolvendo na biblioteca desde febreiro; o agasallo consistiu nunha libreta e un lapis moi especial co que recoller as nosas cantigas da tradición oral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario