Un proxecto ideado desde a biblioteca, cun eixo temático sobre a publicidade, neste caso para dar a coñecer as características que nos unen con Portugal, foi
premiado no concurso de proxectos escolares entre Concellos de Galicia e
Portugal_Eixo Atlántico.
O proxecto Pontes
para coñércemonos realizado polo alumnado de sexto do CEIP López Ferreiro representou a Compostela. E deste xeito, os nosos escolares desfrutaron de tres
días en Vila Real, e recibimos no mes
de maio ao alumnado portugués.
Pero antes, houbo que elaborar un arduo traballo que se desenvolveu en tres fases:
- Motivación e coñecemento da lingua e cultura portuguesa, e a súa relación coa galega baixo o título Por que nos separamos? Para coñecelo, realizouse unha entrevista á profesora da USC Isabel Morán, e o obradoiro de cociña portuguesa en colaboración coa ANPA.
- Unha segunda parte baseouse en analizar se Somos tan diferentes?; as nenas e os nenos buscaron información sobre os datos políticos, administrativos, poboacionais e climáticos da rexión de Tras Os Montes e Galicia, e amosáronos facendo diversas comparacións.
- E xa finalmente, o alumnado de 6º visitou Vila Real e o portugués veu a Santiago de Compostela na primeira semana de maio. Compartiron momentos coa robótica para coñecer o Camiño Miñoto Ribeiro e un xogo quiz sobre diferentes monumentos e lugares de interese da cidade portuguesa.
ACHÉGATE A VILA REAL, PORQUE AÍNDA HAI MOITO POR DESCUBRIR...EN PORTUGAL!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario