Estamos a punto de celebrar o Día da Paz. Este
curso, no CEIP López Ferreiro, queremos recoñecer o importante labor de
catro mulleres que participaron (dúas aínda participan) de forma activa para
mellorar o mundo que nos rodea.
Cada unha fíxoo de forma diferente e implicouse en
distintas loitas, pero todas elas importantes. O suficientemente importantes
para que lles fora outorgado o Premio Nobel da Paz.
Estamos a falar de Emily Greene (Premio Nobel da
Paz no ano 1946), Rigoberta Menchú (no 1992), Wangari Maathai (no 2004) e Malala
Yousafzai (no 2014).
Para coñecelas un pouco máis o Equipo da Biblioteca
preparou uns materiais que esperamos sexan do voso gusto.Profundizamos un pouco e coñecémolas ás catro:
Un póster interactivo GLOGSTER, podedes velo se abrides o seguinte enlace, asegurádevos de premer en cada imaxe do póster.
Dez preguntas para repasar a presentación con Educaplay:
Tamén preparamos un libro interactivo LIM. Se premedes no seguinte título seguiredes un enlace ao citado libro:
Esperamos que as súas accións vos resulten inspiradoras.
Para rematar propoñémosvos unhas webs nas que podedes crear a vosa banda deseñada: