Novo mobiliario que se adapte ás características de todo o alumnado; novos fondos, para atender os intereses de cada quen..., e como sempre, respecto e comprensión ás diferenzas.
Con Motivo do Día internacional das persoas con discapacidade, o Equipo de dinamización da biblioteca convocou un concurso de resumos sobre diferentes curtas. Para axudar na súa visualización crítica, elaboráronse tamén unhas fichas que serviron de guías para a elaboración dos resumos.
Grazas a todas e a todos por participar e por valorar que na diferenza construímos un mundo de igualdade! E estes foron os resumos gañadores...
No hay comentarios:
Publicar un comentario