2 ene 2020

RECOÑECEMENTO OFICIAL AO NOSO TRABALLO.


O noso centro foi un dos gañadores no VI CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS no contexto do PLAN LÍA (lectura, información, aprendizaxe) de bibliotecas escolares.


 O Proxecto merecedor do Premio foi Pontes para coñecérmonos, desenvolto o curso pasado para observar as similitudes e diferenzas entre Galiza e Tras Os Montes. Partindo de contidos relacionados co currículo das ciencias sociais, das matemáticas, da lingua galega, do inglés e da robótica, o alumnado de sexto configurou con compañeiros e compañeiras da escola Diogo Cao de Vila Real un novo xeito de aprender: facéndose preguntas; buscando información e amosándoa por diferentes medios (vídeos, folletos publicitarios, xogos quiz, programas de robótica, amosando as nosas cidades…),e todo elo dun xeito colaborativo.


 Agradadecementos especiais á profesora de lingua e literatura portuguesas da USC, Isabel Morán quen nos mergullou na cultura lusófona; á tamén profesora da Universidade de Vigo Lourdes Maceiras, que nos deu datos e información sobre a rota do Caminho Minhoto; a Pepe e a Susana, encargados da nosa cociña, con quen practicamente empezamos o proxecto elaborando repostería de Vila Real; ao papá Ricardo Portabales, que nos ensinou a compoñer un xogo quiz…



 Pero sobre todo, moitas grazas á promoción de nenas e nenos de sexto do curso 2018-19 que levou a cabo este proxecto. A súa pegada quedará para sempre no seu cole, no López Ferreiro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario