25 ene 2020

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ



Estamos a punto de celebrar o Día da Paz. Este curso, no CEIP López Ferreiro, queremos recoñecer o importante labor de catro mulleres que participaron (dúas aínda participan) de forma activa para mellorar o mundo que nos rodea.
Cada unha fíxoo de forma diferente e implicouse en distintas loitas, pero todas elas importantes. O suficientemente importantes para que lles fora outorgado o Premio Nobel da Paz.

Estamos a falar de Emily Greene (Premio Nobel da Paz no ano 1946), Rigoberta Menchú (no 1992), Wangari Maathai (no 2004) e Malala Yousafzai (no 2014).



Para coñecelas un pouco máis o Equipo da Biblioteca preparou uns materiais que esperamos sexan do voso gusto.

Profundizamos un pouco e coñecémolas ás catro:





Un póster interactivo GLOGSTER, podedes velo se abrides o seguinte enlace, asegurádevos de premer en cada imaxe do póster.




Dez preguntas para repasar a presentación con Educaplay:





Tamén preparamos un libro interactivo LIM. Se premedes no seguinte título seguiredes un enlace ao citado libro:




Esperamos que as súas accións vos resulten inspiradoras.

Para rematar propoñémosvos unhas webs nas que podedes crear a vosa banda deseñada:




No hay comentarios:

Publicar un comentario