13 ene 2020

LULÚ NAS ONDAS



Xa está en marcha a nosa radio escolar. Lulú xa conta cun equipo de traballo que se comprometeu para traballar no Grupo Solidario e que tamén se formou para poder guionizar e gravar programas de radio. O equipo está "capitaneado" por Ana Robles.



AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) tivo moito que ver na formación, Rocío empezou formando profesorado do colexio e seguiu co alumnado que dispoñía de tempo e ganas de embarcarse na aventura.

O curso pasado a Biblioteca convocou un concurso para ter un logotipo propio, o da nosa emisora grazas a ela Lulú, a nosa mascota, está nas ondas. E iso significa que pode chegar a calquera recuncho do mundo.
Neste enlace podedes escoitar programas da nosa emisora bibliolulu en Soundcloud https://soundcloud.com/user-594460728
Esta aventura está aberta a toda a comunidade escolar. Dentro de pouco empezaranse a gravar os programas que se desenvolvan nos distintos cursos de Infantil e Primaria.



No hay comentarios:

Publicar un comentario