O 11 de decembro visitounos a profesora da área de Didáctica da Lingua e da Literatura na USC, Montse Penas Presas, para ofrecer unha charla á comunidade educativa sobre Literatura e igualdade. Análise de estereotipos.
Montse, quen tamén é membro da nosa comunidade educativa, amosounos aspectos nos que, como docentes e familias, hai que fixarse cando se pretende desenvolver unha lectura crítica e baseada na igualdade: desde a edición ata o contido, pasando pola descoberta de novas realidades, o fomento da empatía, as novas temáticas que van aparecendo na LIX en galego, a utilización da linguaxe, escritoras para pór en valor... Toda unha serie de motivos polos que ofrecer lectura, xa que como Montse argumentou, é unha práctica que funciona cando se comparte.
Durante a charla, asemade, amosou diferentes e variados exemplos do exposto, que para o Equipo de dinamización da biblioteca foron a inspiración para as recomendacións lectoras de Nadal...Ou de calquera outra época!
No hay comentarios:
Publicar un comentario